luns, 13 de marzo de 2017

XORNALISMO NA ESCOLA

Xornalismo na Escola debate importantes temas da actualidade co alumnado do IES Valle Inclán de Pontevedra.


A “posverdade”, a violencia de xénero, o terrorismo, a deontoloxía profesional no xornalimo, bulos, feaks ou xornalismo de investigación son algún dos temas que o xornalista Víctor Sariego debatiu este luns no IES Valle Inclán con maís de cincuenta alumnos e alumnas de 4º da ESO en dous obradoiros incluidos no programa Xornalismo na Escola e que agora vence a renovar e ampliar cunha segunda edición máis ambiciosa e polo éxito obtido na edición anterior.
Unha iniciativa do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e a Obra Social de La Caixa que ten, entre outros obxectivos, inculcar na xuventude espíritu crítico ante a información e as noticias nos medios de comunicación off line e on line; os riscos e ventaxes das novas tecnoloxías de información e a comunicación (TIC); a necesidade da mediación e o contraste de fontes no xornalismo; e tamén que pode supoñer para á xente nova a veracidade e o rigor xornalístico

Isto entre outras interesantes cuestións da profesión que, coa forma de obradoiros rigorosos e a súa vez, amenos e participativos, pretenden recuperar a dignidade na profesión, o entendemento e a complicidade dos maís novos a que tamén pretendemos descubrirlles a propia profesión polo amplo descoñecemento social que existe na actualidade en torno ao sector e fomentar entre a xuventude unha actitude diferente e motivadora, ante os profundos cambios que están acontecendo no xornalismo actual, caracterizado por su ámbito dixital e a comunicación on line.


Transformacións profundas que precisan dunha actualización, explicación e renovación na profesión xornalística para que esta sexa partícipe, de xeito positivo, dos devanditos cambios e para que así o identifique a cidadanía.

Ningún comentario:

Publicar un comentario