luns, 23 de novembro de 2020

GAÑADORES "EX AEQUO" ORIANA E BRUNO!

 Foi imposible que un dos dous desbancara ao outro!

Moitos participantes bateron as súas marcas, pero os dous finalistas, Oriana Obama e Bruno Nunes deixaronnos coa boca aberta ao aguantar máis de 18 minutos combinando muiños, saltos a pés xuntos e xiros. 

Como non houbo forma de que un superara ao outro, houbo que rematar a competición e entregarlles un agasallo a cada un deles.

Non esquezades que esta semá temos competición de relevos por parellas mixtas.  Haberá tres postas que combinarán os saltos coa carreira, os xiros e os saltos dándolle á comba para atrás. Atrevédesvos?

Esperámosvos nos recreos no patio interior!




mércores, 18 de novembro de 2020

III CONCURSO DE COMBA. PROBA POR RELEVOS

 Se te queres apuntar, busca parella (mixta) de calquera curso e grupo do IES, cubre o cuestionario e vente ao patio interior no recreo de luns, martes, mércores ou xoves da semana do 23 de novembro.

Explicarémoste a proba e poderás tentar clasificarte para a gran final do venres 27.

 INSCRICIÓN A COMBA POR RELEVOS MIXTOS

sábado, 7 de novembro de 2020

CONCURSO DE COMBA. CONTINUAMOS!

Se queredes facer un pouco máis de exercicio e, de paso, retar aos vosos compañeiros e compañeiras, apuntadevos ao I Concurso de Comba Valle Inclán que se desenvolverá no patio interior do centro durante os recreos. O concurso empezou o luns 26 de outubro pero continúa este luns 9 de novembro e podes escoller que día da semana prefires participar.

Ponte a practicar e poderás gañar o concurso! 


SEMANA 1 (Proba de resistencia saltando). 
Esta semana de probas rematou.

O gañador recibíu unha comba profesional donada polo campión Europeo e Mundial de Kick Boxing Manolo Planas.

1º CLASIFICADO: 

IAM CABANELAS PASQUALLOTO (2º ESO) 10'

2ª CLASIFICADA:

                                                                   C. ORIANA OBAMA CORDERO (2º ESO) 7'29"

                                                                   3º CLASIFICADO:

                                                                   LOIS SOUTO VILAMEAN (2º ESO) 7'00"

                                                                    Os demais clasificados son, por orde:

                • SABELA (1º ESO) 6'24"
                • BERTA (1º ESO) 5'02"
                • EDGAR (1º ESO) 4'00"
                • SABELA M. (2º ESO) 2'53"
                • ANXELA (2º ESO) 2'49"
                • JIMENA (3º ESO) 2'44
                • MACHA S. (2º ESO) 2'35
                • AGUSTIN X. (4º ESO) 2'30"
                • PAULA F. (2º ESO) 2'15"
                • CARMEN F. (1º ESO) 2'05"
                • IRENE A. (2º ESO) 1'36"
                • DAVID G. (2º ESO) 1'37"
                • UXIA A. (3º ESO) 1'17"

Na SEMANA 2 ( do 9 ao 13 de novembro) a competición basearase na secuencia 

5 muiños/10 saltos a pés xuntos

Tratase de manterse saltando o maior tempo posible sen perder a coordinación desa secuencia

Animádesvos? Se aínda non estades apuntados, enchede o cuestionario!

INSCRICION II CONCURSO COMBA


Queredes practicar na casa? Botádelle un vistazo a este titorial!


O exercicio físico interponse entre o hospital e ti

 Ola rapaces,

Botade unha ollada a este artigo da revista As na que se explica a relación entre o hábito de facer exercicio físico de xeito frecuente e a prevención de riscos en relación co Covid-19.

Covid-19: el ejercicio físico se interpone entre el hospital y tú