mércores, 26 de abril de 2017

CHARLAS DE SENSIBILIZACIÓN

Horarios e cursos das charlas de sensibilización da carreira contra a fame.


O ALUMNADO DO ERASMUS+ XA ESTÁ EN BEAUVIS (FRANCIA)

O alumnado do programa europeo Erasmus+, Yes Young European in Sports xa están en Beauvais (Francia) devolvendo a visita dos seus compañeiros franceses que xa estiveron en Pontevedra. Entre as primeiras actividades participaron nunha carreira solidaria, co gallo de recaudar cartos para a investigación do ELA, acompañando a nenos discapacitados, tiveron unha charla con antigos estudantes do Erasmus e realizaron diferentes obradoiros. Hoxe están de visita en París. Pincha na imaxe para ver máis fotografías.

https://photos.google.com/share/AF1QipOWfQkr8Lq-uuy97DgkNcCjPdiXEC_wDImNa_OJOqPKOIvWrCpXSpncdqFtjNQpzg?key=V1V1aTA2TjN2YTVxUWdDZ2ZvMlM5MGlwSTlnV19R

CAMPIONATO PROVINCIAL EN IDADE ESCOLAR TAEKWONDO

Campionato provincial escolar de taekwondo, exhibición e combate. Sábado 6 de maio no Pavillón Municipal dos Deportes de Pontevedra. Entrada de balde.

09.30 h. Macroexhibicion clubes Pontevedra.
10:00 h. Comezo competición exhibición
16:00 h. Comezo competición combate. 


venres, 21 de abril de 2017

DANZA AÉREA

Hoxe os alumnos do Erasmus YES tiveron un obradoiro de Danza Aérea no Gothic Circus impartido por Rebeca, esta é a última actividade antes de marchar a Beauvais o domingo onde estarán unha semana con diferentes actividades físicas, académicas e de solidaridade.




mércores, 19 de abril de 2017

PEDRO AMENEIRO SUBCAMPEÓN DE ESPAÑA SUB-17

Pedro Ameneiro subcampeón de España sub 17 da clase 420 e subcampeón por equipos. O que lle garantiza acudir ao campeonato de Europa absoluto a celebrar en Grecia, o europeo sub 17 en Italia así como o campeonato de Europa por equipos a celebrar en Italia este verano así como o.mundial que se celebrará en Australia en decembro.


DÍA MUNDIAL DE LA BICICLETA

19 de abril.
Xornada para reivindicar a bicicleta como medio de transporte ecolóxico e saudable ademáis tamén é unha forma de ocio. Tamén esíxese percorridos seguros e respecto por parte dos conductores.

X CARREIRA PEDESTRE DE CAMPAÑO


xoves, 13 de abril de 2017

mércores, 12 de abril de 2017

CAMPIONATO DE ESPAÑA PIRAGÜISMO DE MEDIA MARATON

A nosa alumna , Sara Abilleira, de 4ºB participou no Campionato de España de piragüísmo de media maratón celebrado en Pontevedra o pasado 8 de abril

ANA SANTOS NO LYCÉE CHARLES DE GAULLE DE DIJON

Dende o 28 de marzo ata o 7 de abril a profesora de Educación Física Ana Santos Solla disfrutou dunha estancia profesional no Lycée Charles de Gaulle de Dijon onde colaborou cos diferentes profesores que daban a súa materia en español e participou nas diferentes actividades deportivas do Centro, unha experiencia moi enriquecedora no plano profesional e motivante no personal. Deixanos un vídeo-resumo da estancia e outro da visita cultural asociada á viaxe.


CAMPIONATO PROVINCIAL ESCOLAR DE ORIENTACIÓN

Éxito dos tres alumnos do IES Valle Inclán, orientadores do club AROMON Pontevedra no Campionato Provincial Escolar de Orientación que tivo lugar na Illa das Esculturas en Pontevedra. Mateo Antoñón foi oro en cadete masculino, sendo Hugo Antoñón prata e Alexandre Beloso bronce no infantil masculino. Pincha na foto para ver máis información da proba.

http://www.farodevigo.es/deportes/pontevedra/2017/04/06/orientacion-escolar-toma-pontevedra/1655870.html