A alumna de 2º de Bacharelato Uxía Ogea Costas, acadou a medalla de bronce no campionato de España de taekwondo na categoría senior de menos de 53 kg que tivo lugar en San Sebastián de los Reyes o pasado fin de semana. Uxía, que pertence ao ximnasio Mace Sport de Pontevedra, colaborou tamén deste xeito na obtención da medalla de prata por equipos da selección galega. Parabéns á nosa loitadora.
Ningún comentario:
Publicar un comentario