mércores, 30 de novembro de 2016

I TROFEO CONCELLO DE PONTEVEDRA DE CICLOCROSS


CAMPIONA DE ESPAÑA

A alumna de 2º de Bacharelato E do IES Valle Inclán María Moure Vilariño atopouse este curso cunha moi difícil decisión: Centrarse nos estudios, ou continuar co ritmo que lle marcaba o seu subcampionato galego junior de kárate para presentarse ao campionato de España. Pinchando na imaxe pódese ver o artigo publicado na Voz de Galicia o martes 22 de novembro.

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/pontevedra/pontevedra/2016/11/22/campeona-espana-alumna/0003_201611P22C10991.htm

domingo, 27 de novembro de 2016

SELO DE CALIDADE EUROPEO AO PROXECTO EUROACRO

"O IES Valle Inclán de Pontevedra conseguiu o selo de calidade nacional e o europeo (eTwinning) por un novo proxecto realizado de forma conxunta cun centro educativo francés."
"O plan combina unha coreografía de acrosport coa práctica do idioma francés."
Se queres ver toda a información publicada na Voz de Galicia pincha na imaxen.


xoves, 24 de novembro de 2016

mércores, 23 de novembro de 2016

DIPLOMAS SELO EUROPEO

Hoxe entrega de diplomas ao alumnado que fixo que o proxecto Euroacro acadara o selo Europeo de calidade. Grazas a todos e a todas.



EUROPEAN QUALITY LABEL

A nosa profesora Ana Santos foi galardoada co Selo de Calidade Europea polo seu excelente traballo no proxecto "Euroacro" de eTwinning. ¡Parabens!


I XORNADAS LIGA FIGURAS NATACIÓN SINCRONIZADA

As nosas alumnas de bacharelato Laura, Mónica e Cristina participaron o pasado 19 de novembro nas I Xornadas de Figuras en Vigo.


domingo, 20 de novembro de 2016

SEGUIMOS COÑECENDO DIFERENTES ACTIVIDADES FÍSICAS

Grazas aos vosos traballos seguimos coñecendo diferentes actividades e eventos celebrados pola nosa zona. Se pinchades na imaxe podedes acceder a dous traballos moi bos.


CAMPIONATO MISSION SURF

A nosa alumna de 1º de bacharelato, Helena, quedou campiona na categoría sub18 do pasado Campionato Mission de Surf celebrado na Lanzada. ¡Parabens!

xoves, 17 de novembro de 2016

MANIQUI CHALLENGE

O noso alumnado apúntase á moda do Maniquí Challenge. Aquí podedes ver o vídeo de 4º A


CONSELLOS PARA CORRER


V LIGA AROMON CHEMA-SPORT

A Liga AROMON Chema-Sport é unha iniciativa do “Club Montañeiros de Pontevedra - A Roelo” que ten como premisa fundamental iniciar no deporte das carreiras de orientación a todo aquel que o desexe.

¡ Animaros a participar ! 

Recordar que tendes que ir acompañados/as dun adulto/a

Plazo de inscripción 23 de novembro as 22:00 horas. 

Para máis información, pincha na imaxe.


CICLOCROSS RÍA DE MARIN


luns, 14 de novembro de 2016

BOS TRABALLOS DE DIFERENTES EVENTOS

Deixamos aquí unha ligazón de diferentes traballos do alumnado sobre diferentes eventos. Pincha na imaxe.


domingo, 13 de novembro de 2016

MILLA POLA DIABETE 2016

A milla solidaria pola diabetes, unha carreira solidaria na que participou o alumnado Erasmus+ e máis de 100 compañeiros e compañeiras do IES Valle Inclán.
Estamos moi contentas da vosa participación.

RESULTADO ENQUISA LIGAS

Xa temos os resultados da enquisa. Moitos de vós tedes interese en xogar e colaborar nas ligas que se farán no recreo. Estade atentos porque nos próximos teredes xa para facer a inscrición oficial nas diferentes ligas.







sábado, 12 de novembro de 2016

III MILLA SOLIDARIA ANEDIA

O alumnado do Erasmus+ coa súa profesora Ana Santos pasou todo o día axudando na organización da III Milla Solidaria Anedia. ¡ Bo traballo!


VI ENCONTRO eTWINNING DE PROFESORES EN CASTELÁN

A nosa profesora Ana Santos participou no VI Encontro de profesores en castelán xunto a 38 docentes das diferentes comunidades autónomas e outros 38 docentes doutros países como Italia, Francia, Alemania, República Checa, Noruega o Austria.
A obtención dos selos de calidade polos proxectos Acrosport no curso 2015-15 e Euroacro no curso pasado déronlle a oportunidade de buscar socios para novos proxectos e a ocasión de participar en diversos talleres sobre eTwinning Live e intercambiar experiencias con docentes in situ.
Para máis información pincha na imaxe.


xoves, 10 de novembro de 2016

I XORNADA DE SALVAMENTO


TAPONS PARA NAHIR

Neste mes, conseguimos 9.000 tapóns, veu a nai de Nahir e démoslle 5.000 logo veu o do banco de tapons do Baixo miño e levou 4.000. A nosa prioridade agora é Nahir que ten 6 meses para acadar eses 17 millons de tapons (UNHA BARBARIDADE), pero é cousa de todos colaborar, tendes a caixa no ximnasio e un contenedor na entrada, neste mes temos que superar a cifra anterior, ¡A POLOS 10.000!


sábado, 5 de novembro de 2016

FACEMOS ACTIVIDADE FÍSICA SAUDABLE

No IES Valle Inclan tentamos ter unhas clases onde aprender hábitos saudables e ao mesmo tempo pasar un bo rato.


ESCALADA

Cóntanos a nosa alumna de 4º ESO, Mencía, que o pasado sábado saiu por primeira vez a escalar en rocha no Galiñeiro co clube de montañeiros de Pontevedra, A Roelo.


SURF NA LANZADA


IOGA

¡A  clase de ioga do pasado venres na prensa!

 "O ximnasio do IES Valle Inclán de Pontevedra acolleu onte pola tarde unha clase especial. Foi unha práctica de ioga na que, ademais de alumnos de 1º de bacharelato, participaron varias das súas nais"

"A profesora Ana Santos, unha das docentes do Valle Inclán que impulsan o programa, quixo ao abrir a clase de ioga aos pais «que se impliquen de forma directa na educación dos seus fillos». O que busca o programa europeo é fomentar hábitos de vida saudables a través do exercicio e unha alimentación equilibrada, ademais de practicar idiomas e compartir cultura e costumes."

Se queres ler a noticia enteira pincha na imaxe



AIKIDO

Estamos moi contentas. Tras a clase de Aikido de Belén Bouzas e Helena, as nosas alumnas de 1º de bacharelato Claudia, Emma e Mireia apuntáronse ás súas clases e saíron na prensa.


venres, 4 de novembro de 2016

IOGA

Dentro das actividades programadas polo Club Erasmus YES, hoxe tiveron unha clase de ioga impartida pola profesora Marisa Maquieira e á que asistiron tanto a nosa profesora Ana Santos como algunha das nais dos nosos alumnos/as.

mércores, 2 de novembro de 2016

A PEDALADAS CHOVENLLE VOLUNTARIOS

O chamamento de Pedaladas en busca de voluntarios cos cales manter no tempo a súa iniciativa solidaria de paseo en bicicleta a persoas con algún tipo de discapacidade tivo unha gran acollida.
Nós queremos compartila porque nos parece unha experiencia francamente positiva. Se pincháis na foto podedes acceder a máis información que inclúe unhas declaracións da nosa profesora Ana Santos.
¡ Parabens a Pedaladas por esta iniciativa !



III TORNEO DE CONXUNTOS CIDADE DO LEREZ

Este sábado día 5 de 10:00 a 14:00 no pavillón municipal de Pontevedra podedes disfrutar do III Torneo de Conxuntos Cidade do Lérez.
O torneo contará coa exhibición de Sara LLana, ximnasta da selección española de ximnasia rítmica así como do conxunto infantil do Club Ritmo de León.







martes, 1 de novembro de 2016

PARA PENSAR


2º RETO

Estes meses de novembro e decembro temos dous retos.
Reto solidario: recollida de tapóns para Nahir como publicamos anteriormente no blogue.
Reto saudable: Comenzamos a correr. Na fotografía temos un plan de 8 semanas cunha rutina básica para comenzar a exercitarse.
¡Animo! ¡ A polos dous retos !


LOGO YES. PROXECTO ERASMUS+

Presentámosvos o logo do Proxecto Erasmus+ YES


YES! YOUNG EUROPEANS IN SPORTS. PROXECTO ERASMUS+

Convidámosvos a coñecer o Proxecto Erasmus que se está levando a cabo no noso centro.

ENQUISA PARA INICIAR ORGANIZAR AS LIGAS