venres, 23 de decembro de 2016

VOLUNTARIADO SAN SILVESTRE

Se queredes participar como voluntarios na San Silvestre, enviar un correo electrónico a oficinadevoluntariado@gmail.com antes do 27 de decembro poñendo DNI, nome completo e teléfono.
Sería o 31 de diceimbre de16:30 a 17:30 horas.
Lembrade que sobe 0,5 na materia.
Animádevos.

ENTREVISTA OSCAR GRAÑA

Aquí tendes resumida a entrevista a Orcar Graña.


martes, 20 de decembro de 2016

NEW RECORD

Se o pasado mes conseguíamos 9000 tapóns, este mes superamos o récord con 11600 tapóns, e todos contados para saber se tiñamos o obxectivo cumplido. Non olvidedes seguir gardando tapóns durante o Nadal. Moitas grazas a todos os pola vosa colaboración.


OSCAR GRAÑA NO NOSO INSTITUTO

O luns 19 tivemos a visita de Oscar Graña que veu falar da súa experiencia no mundo do deporte.



venres, 16 de decembro de 2016

martes, 13 de decembro de 2016

LES SPORTS

Deixámosvos este divertido vídeo realizado por alumnado de 4º da sección bilingüe. Esperamos que vos guste  ;)

II TROFEO RIAS BAIXAS DE PIRAGÜISMO


SAN SILVESTRE

Xa podedes inscribiros na San Silvestre na plaza da verdura  (na casa do turista)
do 12 ao 28 de decembros de 17:00 a 19:30 horas,
do 29 e 30 de decembro de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 19:30 horas e
o 31 de decembro de 10:00 a 13:30 horas.
 

CAMPIONATO GALEGO DE LONGA DISTANCIA

O pasado 19 de novembro a nosa alumna Carla Goyanes de 4ºB participou no Campionato Galego de Longa Distancia de Natación. ¡ Estamos encantadas de que o noso alumnado sexa activo !


xoves, 8 de decembro de 2016

DÍA INTERNACIONAL DAS MONTAÑAS

O próximo domingo 11 celébrase  o Día Internacional das Montañas e farase unha saída de senderismo popular (con bocata e bebida) no Monte  do Pindo (saída ás 11:00 horas dende O Fieiro).
Anima a túa familia a pasar un día activo na natureza. Toda a información no dossier.


LOGO DO PDC

Xa temos o logo gañador do Proxecto Deportivo do Centro. O gañador foi o alumno de 1º de bacharelato Jaime Fraga González. ¡Parabens!



domingo, 4 de decembro de 2016

CHARLA DE CESAR BONA EN PONTEVEDRA

O pasado 27 de decembro Cesar Bona presentaba o seu novo libro "Las escuelas que cambian el mundo". A nosa compañeira Ana Santos, que non perde ocasión para formarse e aprender, estivo nno encontro e como non conseguiu unha dedicatoria para o alumnado Erasmus.


Deixamos unha sinopse do seu libro.

Hai escolas en España que están a cambiar a educación. Escolas que non están en Finlandia nin en Suecia; unhas son públicas, outras rurais e algunhas mesmo están masificadas. Todas elas son «Escolas Changemaker» e están preparadas para liderar unha verdadeira transformación educativa.

César Bona viaxou por sete cidades e pobos seguindo o camiño dalgunhas das escolas que están a loitar para que cada neno, nena e moza teña a oportunidade de converterse nun axente de cambio. Son lugares que contan con alumnos motivados, mestres correntes, e pais cómplices detrás. Escolas excelentes académicamente e cun proxecto integral onde o respecto, a creatividade, a imaxinación, o traballo en equipo, a empatía e a interacción coa sociedade son o mellor camiño para completar os ensinos das materias tradicionais.

César Bona nárranos, co seu persoal e próxima voz, o que lograron estas escolas, o novedoso dos seus métodos e como todos, sexa cal sexa a nosa idade, podemos cambiar o mundo. Non esquezamos que os nenos non son os adultos do mañá, son os nenos do presente e eles, se lles deixamos ser nenos, se lles reforzamos a súa creatividade natural, a súa imaxinación desbordante e traballamos a empatía, a solidariedade e o respecto, poden cambiar o mundo. Non no futuro, senón agora.

Porque unha nova educación non é un soño, é unha realidade