luns, 29 de maio de 2017

xoves, 25 de maio de 2017

30 ANIVERSARIO DO PROGRAMA ERASMUS+ EN MADRID

O pasado luns 22 de maio tivo lugar en Madrid a celebración do 30 aniversario do programa Erasmus onde estiveron invitados a profesora de Educación Física Ana Santos e catro alumnos de 1º de Bacharelato:Telmo Costa, Alicia Martínez, Ángela Sánchez e Lucía Álvarez. Houbo charlas, talleres e mesas redondas onde interviron rapaces de toda España para dar a coñecer a súa experiencia nos viaxes por Europa dentro do marco do proxecto Erasmus.

martes, 23 de maio de 2017

UNHA TARDE DE ATLETISMO

Xa sabemos que estades a tope cos exames pero se queredes pasar unha boa tarde de atletismo e participar no concurso, fala co teu profesora de EF e pídelle invitación para acudir a este evento.
Deixamos as bases para participar no concurso.


CARREIRA CONTRA A FAME NA PRENSA

A nosa iniciativa solidaria tivo repercusión nos diferentes medios de comunicación.


luns, 22 de maio de 2017

COPA DE ESPAÑA CADETE DE PIRAGÜISMO

A nosa alumna de 4ºB Sara Abilleira acadou a medalla de plata de C-2 e C-1 na Copa de España Cadete. Para máis información, pincha na imaxe.


http://pontevedraviva.com/deportes/36701/escuela-piraguismo-ciudad-pontevedra-triunfa-copa-espana-cadete/?lang=es
Foto tomada de PontevedraViva





venres, 19 de maio de 2017

CARREIRA CONTRA A FAME

Hoxe 19 de maio, tivemos o honor de participar na Carreira Contra a Fame convocada pola Fundación Acción contra a Fame xunto con outros 450000 nenos e nenas do mundo.
Agradecemos a colaboración da Cruz Vermella, Instituto Municipal de Deportes, Elena Martínez (monitora de zumba) que axudaron a facer realidade este proxecto solidario.

NA PRENSA

Se queres acceder ao vídeo e as fotografías publicadas en PontevedraViva, pincha na imaxe.

http://pontevedraviva.com/xeral/36813/valle-inclan-carreira-contra-fame-proxecto-europeo-yes-pontevedra/

martes, 16 de maio de 2017

HOLI RUN

Moito do noso alumnado acudiu o pasado 14 de maio e achegounos algunha foto. A maioría deles falan dunha experiencia divertida e colorida. Se queres ter máis información da carreira, pincha na imaxe.

http://www.farodevigo.es/vida-y-estilo/gente/2017/05/15/samil-da-bano-multicolor/1679401.html

sábado, 13 de maio de 2017

OBRADOIRO DE BODY PUMP E BODY COMBAT COS ERASMUS

Onte nas piscinas de campolongo tivemos un obradoiro de body Pump e Body Combat impartido por Nerea Escudero, asistiron ademais dos alumnos Erasmus, 5 alumnos alemans que estan estes dias de intercambio no noso instituto
Prensa: Faro de Vigo
Diario de Pontevedra


luns, 8 de maio de 2017

CHARLAS DE ACCIÓN CONTRA A FAME

Hoxe visitounos unha cooperante da Fundación Acción Contra a Fame e foron unhas charlas moi enriquecedoras. Xa non queda nada para empezar coa acción!!!!


mércores, 3 de maio de 2017

TALLER DE COIDADO PERSOAL NO FREI MARTIN SARMIENTO

Hoxe os alumnos Erasmus tiveron un taller de coidado persoal impartido por Elena Fontán profesora de estética no IES Frei Martín Sarmiento de Pontevedra.

martes, 2 de maio de 2017

VIDEO RESUMO DA ESTANCIA EN BEAUVAIS DOS ERASMUS

Durante a semana do 23 o 29 de abril os alumnos do proxecto Erasmus YES estiveron na cidade de Beauvais na Picardie no norte da Francia, este é o video resumo e o video do Flashmob que fixeron nun centro comercial da cidade.


BRUNO AMENEIRO CAMPIÓN GALEGO DE OPTIMIST POR EQUIPOS

Este fin de semana tamén Bruno Ameneiro quedou campión galego na categoría Optimist por equipos. Parabens.


NOELIA REY SUBCAMPEONA GALEGA DE 10 BAILES

O domingo 30 de marzo celebrouse en Ribadumia o campionato galego de dez bailes no que quedou subcampeona a alumna de 3ºESO A Noelia Rey. Parabens.



luns, 1 de maio de 2017

NOVO ÉXITO DOS IRMÁNS ANTOÑÓN CASAL MATEO CAMPIÓN ESCOLAR GALEGO NA CATEGORÍA CADETE E HUGO NA CATEGORÍA INFANTIL

O pasado sábado 29 de abril celebrouse no campus de Elviña da Universidade da Coruña o campionato Galego Escolar e Universitario de Orientación a pé. O vencedor individual na categoría cadete foi o alumno de 4º de ESO Mateo Antoñón Casal e o gañador na categoría infantil foi o seu irmán, o alumno de 1º de ESO Hugo Antoñón Casal. Destacar tamén o quinto posto na categoría infantil que acadou o alumno de 2º de ESO Alexandre Beloso Iglesias. O gañador por equipos de centros escolares foi o IES Leiras Pulpeiro de Lugo.

A carreira foi organizada polo club APA Liceo e a Universidade da Coruña e nela participaron 127 orientadores infantís e cadetes pertencentes a 20 Centros Escolares e Clubs de Orientación previamente clasificados nos respectivos campionatos provinciais, celebrados no marco do programa XOGADE da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia.

Mateo e Hugo participarán formando parte da selección Galega no Campionato de España de Orientación en idade escolar que se celebrará en Soria do 12 ao 14 de maio. Noraboa e moita sorte aos nosos corredores.