xoves, 2 de marzo de 2017

CAMPIONATO GALEGO DE TAEKWONDO

A alumna de 1º de ESO do IES Valle Inclán Lucía Lorenzo Quinteiro ven de proclamarse o pasado 28 de febrero campiona Galega de taekwondo na categoría cadete medio. A competición celebrouse en Guitiriz e nela participaron arredor de 160 taekwondistas.
Lucía que pertence ao ximnasio Suh Sport representará a Galicia no vindeiro campionato de España que se celebrará os próximos días 4 e 5 de marzo en Alicante.
Noraboa e moita sorte no campionato de España.

Ningún comentario:

Publicar un comentario