domingo, 30 de outubro de 2016

TRABALLOS ALUMNADO

Non deixes de visitar os diferentes traballos feitos polo noso alumnado.
Pincha na imaxe e poderás acceder a diferentes traballos con vídeos, fotos e entrevista cos deportistas protagonistas.
Nesta ligazón atoparás traballos sobre:
A milla de Marín celebrada o pasado 24 de setembro
O XIV Trofeo Intenacional "Cidade de Ourense" celebrado o pasado 1 de outubro
5º Torneo Internacional de tenis celebrado do 9 ao 16 de outubro
A Media Maratón en Pontevedra celebrada o 16 de outubro.

CONSELLOS PARA EMPEZAR A FACER ACTIVIDADE FÍSICA

¿Necesitas motivación para facer actividade física? Aquí tes uns consellos. ¡Animo!



mércores, 26 de outubro de 2016

TROFEO CIDADE DE VIANA DE OPTIMIST

O pasado 23 de outubro celebrouse a xornada final do Trofeo Cidade de Viana puntuable para a Semana do Atlántico de vela lixeira. O noso alumno Bruno Ameneiro foi o vencedor da categoría B. Parabéns.

 

luns, 24 de outubro de 2016

III MILLA SOLIDARIA ANEDIA

O Sábado 12 de novembro Anedia Galicia organiza a III Milla Solidaria en Pontevedra baixo o control técnico da Federación Galega de Atletismo, a  través da súa delegación en Pontevedra e a colaboración do concello e da deputación de Pontevedra.
O prazo de inscrición remata o xoves 10 de novembro as 23:59 horas.
Para máis imformación pincha na imaxe.


I TROFEO CONCELLO DE PONTEVEDRA DE CICLOCROSS

Necesítanse voluntarios/as para a carreira do I Trofeo Concello de Pontevedra de Ciclocross que se celebrará o vindeiro 8 de decembro. Se estades interesados en acudir como voluntarios/as pincha a ligazón e cubre o formulario. ¡ Animarvos !
https://ciclocrosspontevedra.blogspot.com.es/p/voluntariado.html


MEDIA MARATON PONTEVEDRA 2016

Traballo feito polo alumnado de 1º de bacharelato tras acudir á Media Maratón do 16 de octubre.

DÍA DA BIBLIOTECA

No día da biblioteca deixamos estas recomendacións de lectura relacionada cos deportes que fixeron os compañeiros do IES Las llamas en Santander.

 

domingo, 23 de outubro de 2016

RETO SOLIDARIO

O vindeiro mes de novembro teremos dous retos, un deles solidario. Avanzamos unha das propostas.

mércores, 19 de outubro de 2016

luns, 17 de outubro de 2016

COME SANO E MÓVETE: 12 Decisións saudables

1. Come sano, é fácil
2. Esperta, almorza
3. Vive activo, móvete
4. Fai deporte, divírtete
5. Quita a sede con auga
6. Como de culler: os hidratos de carbono son a base
7. Toma froitas e verduras, "5 ao día"
8. Elixe alimentos con fibra
9. Consume máis peixe
10. Reduce a grasa
11. Deixa o sal no salero
12. Mantén o peso adecuado

domingo, 9 de outubro de 2016

AIKIDO

Ao longo desta semana tivemos a sorte de contar con dúas mestras de Aikido: Belén Bouzas e Helena.

xoves, 6 de outubro de 2016

TROFEO COMODORO DE VELA NO RCN CORUÑA

O alumno Bruno Ameneiro de 1º ESO D foi un dos gañadores do Trofeo de Vela Comodoro na categoría de optimist organiado polo Real Club Náutico da Coruña. Bruno foi o vencedor da categoría B e rematou segundo na clasificación xeral. Pinchando na foto tedes máis información sobre a proba. Noraboa.