venres, 18 de decembro de 2020

GAÑADORA DA PROBA DE COORDINACIÓN CON COMBA


O esforzo ten a súa merecida recompensa, e Paula, que practicou de xeito constante e metódico, alzouse co primeiro posto na proba de coordinación con comba. 

Parabéns, campioa!

martes, 1 de decembro de 2020

III CONCURSO DE COMBA




Nesta ocasión tivemos nova parella gañadora!





Ángel e Carmen (de 1º de ESO a e C respectivamente) foron os máis espelidos e completaron as tres postas do percorrido sen cometer erros e a toda velocidade. Parabéns!



En segundo lugar quedaron  Edgar e Irene de 1º de ESO D e en terceiro Paula Fariña e Héctor, de 2º de ESO C. Parabéns tamén!

Luis e Martina (de 1º de ESO D) pecharon a clasificación desta edición na gran final.


Lembrade que na última semana de clases teremos 

IV CONCURSO DE COMBA ARTÍSTICA

Tratase de facer un exercicio libre e creativo con distintos saltos de comba e habilidades enlazados.

O tempo do exercicio ten que estar entre os 30" de mínimo e 1 minuto de máximo. Poderedes realizar todos os saltos que saibades, misturándoos e enlazándoos de xeito libre e creativo. Podedes revisar vídeos como os de Adrienn Banheghyi (no blogue valledxt) para aprender novos trucos cos que enriquecer os vosos exercicios. Nos recreos podedes vir a practicar ao patio interior.


O exercicio será individual, de creación persoal e pode ir acompañado ou non de música ou son. 

Lembrade que o xurado valorará a orixinalidade, creatividade, dificultade e os elementos escenográficos que incluades no voso exercicio (por exemplo caracterización ou vestiario).

Tedes ata a semana do 14 ao 18 de decembro, en que se celebrarán as probas, para preparalo.

ÁNIMO E A POLO CONCURSO!

luns, 23 de novembro de 2020

GAÑADORES "EX AEQUO" ORIANA E BRUNO!

 Foi imposible que un dos dous desbancara ao outro!

Moitos participantes bateron as súas marcas, pero os dous finalistas, Oriana Obama e Bruno Nunes deixaronnos coa boca aberta ao aguantar máis de 18 minutos combinando muiños, saltos a pés xuntos e xiros. 

Como non houbo forma de que un superara ao outro, houbo que rematar a competición e entregarlles un agasallo a cada un deles.

Non esquezades que esta semá temos competición de relevos por parellas mixtas.  Haberá tres postas que combinarán os saltos coa carreira, os xiros e os saltos dándolle á comba para atrás. Atrevédesvos?

Esperámosvos nos recreos no patio interior!




mércores, 18 de novembro de 2020

III CONCURSO DE COMBA. PROBA POR RELEVOS

 Se te queres apuntar, busca parella (mixta) de calquera curso e grupo do IES, cubre o cuestionario e vente ao patio interior no recreo de luns, martes, mércores ou xoves da semana do 23 de novembro.

Explicarémoste a proba e poderás tentar clasificarte para a gran final do venres 27.

 INSCRICIÓN A COMBA POR RELEVOS MIXTOS

sábado, 7 de novembro de 2020

CONCURSO DE COMBA. CONTINUAMOS!

Se queredes facer un pouco máis de exercicio e, de paso, retar aos vosos compañeiros e compañeiras, apuntadevos ao I Concurso de Comba Valle Inclán que se desenvolverá no patio interior do centro durante os recreos. O concurso empezou o luns 26 de outubro pero continúa este luns 9 de novembro e podes escoller que día da semana prefires participar.

Ponte a practicar e poderás gañar o concurso! 


SEMANA 1 (Proba de resistencia saltando). 
Esta semana de probas rematou.

O gañador recibíu unha comba profesional donada polo campión Europeo e Mundial de Kick Boxing Manolo Planas.

1º CLASIFICADO: 

IAM CABANELAS PASQUALLOTO (2º ESO) 10'

2ª CLASIFICADA:

                                                                   C. ORIANA OBAMA CORDERO (2º ESO) 7'29"

                                                                   3º CLASIFICADO:

                                                                   LOIS SOUTO VILAMEAN (2º ESO) 7'00"

                                                                    Os demais clasificados son, por orde:

                • SABELA (1º ESO) 6'24"
                • BERTA (1º ESO) 5'02"
                • EDGAR (1º ESO) 4'00"
                • SABELA M. (2º ESO) 2'53"
                • ANXELA (2º ESO) 2'49"
                • JIMENA (3º ESO) 2'44
                • MACHA S. (2º ESO) 2'35
                • AGUSTIN X. (4º ESO) 2'30"
                • PAULA F. (2º ESO) 2'15"
                • CARMEN F. (1º ESO) 2'05"
                • IRENE A. (2º ESO) 1'36"
                • DAVID G. (2º ESO) 1'37"
                • UXIA A. (3º ESO) 1'17"

Na SEMANA 2 ( do 9 ao 13 de novembro) a competición basearase na secuencia 

5 muiños/10 saltos a pés xuntos

Tratase de manterse saltando o maior tempo posible sen perder a coordinación desa secuencia

Animádesvos? Se aínda non estades apuntados, enchede o cuestionario!

INSCRICION II CONCURSO COMBA


Queredes practicar na casa? Botádelle un vistazo a este titorial!


O exercicio físico interponse entre o hospital e ti

 Ola rapaces,

Botade unha ollada a este artigo da revista As na que se explica a relación entre o hábito de facer exercicio físico de xeito frecuente e a prevención de riscos en relación co Covid-19.

Covid-19: el ejercicio físico se interpone entre el hospital y tú




xoves, 11 de xuño de 2020

Xa temos dorsal

O luns 15 e o martes 16 estaremos de 9:00 a 14:00 no IES Valle Inclán entregando dorsais, alí podedes ver a información dos nenos e nenas de Uganda. Pola tarde estaremos en Chema Sport de 18:00 a 20:00 horas. Tamén podes descargalo aqui. Podes contribuir economicamente por transferencia bancaria o deixando os teus cartos na urna no instituto
Cartel da carreira

Dorsal 
 




mércores, 3 de xuño de 2020

Mar Rivas e o tenis de mesa en Monteporreiro

Todavía son muchas las incógnitas que rodean a lo que será la competición la próxima temporada en el tenis de mesa nacional, al igual que en otros deportes, pero el Monte Porreiro avanza en su planificación, especialmente en lo que respecta a su equipo femenino de División de Honor.
La base del mismo seguirá formada con jugadoras de casa como Noa Bernárdez o Noelia Santiago, que regresa al equipo, junto a la joven Mar Rivas, que se consolida en la formación. A este trío se le ha añadido además como fichaje la santiaguesa Judith Cobas, tras un par de temporadas jugando para el Linares.

mércores, 13 de maio de 2020

I Campionato de bailes on line

Esta fin de semana a Federación Española de Baile Deportivo realizóu unha competición online insólita con todas as garantías de xuíces nacionais e internacionais, e escrutinio. As parellas federadas podían participar de forma individual por grupos de idade. Noelia Rey alumna de 2º bacharelato alcanzou o  2° posto en Youth feminino. Parabens





martes, 31 de marzo de 2020

Xogando a Oca e ao Parchís

Tablero OCA
Reglas OCA


Reglas PARCHÍS Tablero PARCHÍS Nivel Básico Nivel intermedio Nivel avanzado

Exercicios para o confinamento

Estes días, semanas e seguramente meses, debemos ser conscientes da importancia de facer exercicio regular e manter unha boa alimentación, aqui van uns consellos para facer todos os días.
  • Non estés mais de duas horas sentado diante do ordenador, pon unha alarma e levántate da silla, camiña a  lo menos 5 minutos ainda que des 20 veces volta a tua casa
  • Fai exercicio regular non só aeróbico tamén abdominais e estiramentos.
  • Aliméntate ben, non comas moitos hidratos de carbono si non os podes queimar.
  • Toma o sol un pouquiño ainda que sexa no balcón.
  • Aquí te deixamos algunhas clases para que elixas a tua rutina
  •  3 veces a semana aeróbicos, duas veces abdominais, glúteos e pernas e sempre estiramentos.
  • Visita a canle que ten o profesorado de Educación física

Coreografías baile




Ejercicios de fuerza

Baile latino-Zumba

Abdominais

Cardio baixo impacto

Cardio vascular circuito

Cardio 

Full body cardio


Cardio Intenso


Pernas e Glúteos

Abdominais




Danza Yoga

Estiramentos

Core

Estiramientos


luns, 16 de marzo de 2020

Flashmob día de Europa

Nestes días na casa podedes practicar a coreografía do día de Europa que faremos, esperemos, o día 8 de maio diante do instituto

xoves, 12 de marzo de 2020

Sara Fernández no campionato galego de natación artística

Sara Fernández alumna de 4º da ESO participou o 22 e 23 de febreiro en Ferrol no campionato galego de natación artístíca acadando unha moi boa posición, parabens Sara.