venres, 18 de decembro de 2020

GAÑADORA DA PROBA DE COORDINACIÓN CON COMBA


O esforzo ten a súa merecida recompensa, e Paula, que practicou de xeito constante e metódico, alzouse co primeiro posto na proba de coordinación con comba. 

Parabéns, campioa!

martes, 1 de decembro de 2020

III CONCURSO DE COMBA




Nesta ocasión tivemos nova parella gañadora!





Ángel e Carmen (de 1º de ESO a e C respectivamente) foron os máis espelidos e completaron as tres postas do percorrido sen cometer erros e a toda velocidade. Parabéns!



En segundo lugar quedaron  Edgar e Irene de 1º de ESO D e en terceiro Paula Fariña e Héctor, de 2º de ESO C. Parabéns tamén!

Luis e Martina (de 1º de ESO D) pecharon a clasificación desta edición na gran final.


Lembrade que na última semana de clases teremos 

IV CONCURSO DE COMBA ARTÍSTICA

Tratase de facer un exercicio libre e creativo con distintos saltos de comba e habilidades enlazados.

O tempo do exercicio ten que estar entre os 30" de mínimo e 1 minuto de máximo. Poderedes realizar todos os saltos que saibades, misturándoos e enlazándoos de xeito libre e creativo. Podedes revisar vídeos como os de Adrienn Banheghyi (no blogue valledxt) para aprender novos trucos cos que enriquecer os vosos exercicios. Nos recreos podedes vir a practicar ao patio interior.


O exercicio será individual, de creación persoal e pode ir acompañado ou non de música ou son. 

Lembrade que o xurado valorará a orixinalidade, creatividade, dificultade e os elementos escenográficos que incluades no voso exercicio (por exemplo caracterización ou vestiario).

Tedes ata a semana do 14 ao 18 de decembro, en que se celebrarán as probas, para preparalo.

ÁNIMO E A POLO CONCURSO!