sábado, 25 de marzo de 2017

II CIRCUITO DE CARRERAS

Hoxe o alumnado do IES Valle Inclán do proxecto Erasmus estivo de voluntariado no II Circuito de carreiras.

xoves, 23 de marzo de 2017

CARREIRA CONTRA A FAME

O próximo 3 de abril xa teremos as xornadas de sensibilización. O noso centro correrá o vindeiro 19 de maio contra a fame. Imos quentando motores.


mércores, 22 de marzo de 2017

mércores, 15 de marzo de 2017

O GOALBALL

¿Qué sabes do Goalball?

O Goalball é o único deporte paraolímpico creado específicamente para persoas cegas e con discapacidade visual, no que participan dous equipos de tres xogadores cada un. Básase principalmente no sentido auditivo para detectar a traxectoria da pelota en xogo (que leva cascabeis no seu interior) e precisa, ademáis dunha gran capacidade espacial para saber situarse en cada momento no lugar máis axeitado, co obxetivo de interceptar ou lanzar a pelota.
Durante o partido, de 20 minutos totais de duración, cada equipo sitúase nun lado da pista, xunto á portería de 9 metros de ancho. O obxetivo é, mediante o lanzamento coa man do balón, introducilo na portería do equipo rival. Calquera dos tres membros do equipo intentará que o balón non entre na portería. Todos os xogadores levan antifaces opacos para igualar a visibilidade de todos os participantes.
A pista utilizada para Goalball consistirá nun rectángulo de 18,00 metros de longo por 9,00 metros de ancho dividida en seis áreas. Todas as liñas do campo estarán marcadas en relieve para que sexan recoñecibles ao tacto, co fin de que os xogadores poidan orientarse con facilidade. No vídeo explícano todo.


Para coñecer as regras non deixes de ver a NORMATIVA.



O alumnado do Erasmus YES tiveron un obradoiro de Goalball o venres 17 no ximnasio do instituto, aquí tendes un vídeo resumo da actividade.




V CARREIRA PEDESTRE MONTE PORREIRO

Domingo, 26 de Marzo dende as 12:00 ata as 13:00.
Toda a información pinchando na imaxe.


ACTITUDE POSITIVA


XVIII CAMPIONATO DE ESPAÑA NATACIÓN


TRABALLO SOBRE A PETANCA

Deixamos a modo de exemplo un bo traballo dobre a petanca feito pola alumna Laura Pérez de 1º de bacharelato.

SPINNING NO BUDO

O venres dia 11 o grupo Erasmus fixo un obradoiro de Spinning no ximnasio Budo co adestrador Alberto.
Tendes máis información pinchando na imaxe.




Foto tomada da voz de Galicia


luns, 13 de marzo de 2017

XORNALISMO NA ESCOLA

Xornalismo na Escola debate importantes temas da actualidade co alumnado do IES Valle Inclán de Pontevedra.


A “posverdade”, a violencia de xénero, o terrorismo, a deontoloxía profesional no xornalimo, bulos, feaks ou xornalismo de investigación son algún dos temas que o xornalista Víctor Sariego debatiu este luns no IES Valle Inclán con maís de cincuenta alumnos e alumnas de 4º da ESO en dous obradoiros incluidos no programa Xornalismo na Escola e que agora vence a renovar e ampliar cunha segunda edición máis ambiciosa e polo éxito obtido na edición anterior.
Unha iniciativa do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e a Obra Social de La Caixa que ten, entre outros obxectivos, inculcar na xuventude espíritu crítico ante a información e as noticias nos medios de comunicación off line e on line; os riscos e ventaxes das novas tecnoloxías de información e a comunicación (TIC); a necesidade da mediación e o contraste de fontes no xornalismo; e tamén que pode supoñer para á xente nova a veracidade e o rigor xornalístico

Isto entre outras interesantes cuestións da profesión que, coa forma de obradoiros rigorosos e a súa vez, amenos e participativos, pretenden recuperar a dignidade na profesión, o entendemento e a complicidade dos maís novos a que tamén pretendemos descubrirlles a propia profesión polo amplo descoñecemento social que existe na actualidade en torno ao sector e fomentar entre a xuventude unha actitude diferente e motivadora, ante os profundos cambios que están acontecendo no xornalismo actual, caracterizado por su ámbito dixital e a comunicación on line.


Transformacións profundas que precisan dunha actualización, explicación e renovación na profesión xornalística para que esta sexa partícipe, de xeito positivo, dos devanditos cambios e para que así o identifique a cidadanía.

luns, 6 de marzo de 2017

CAMPIONATO DE ESPAÑA DE TAEKWONDO

A alumna de 2º de Bacharelato Uxía Ogea Costas, acadou a medalla de bronce no campionato de España de taekwondo na categoría senior de menos de 53 kg que tivo lugar en San Sebastián de los Reyes o pasado fin de semana. Uxía, que pertence ao ximnasio Mace Sport de Pontevedra, colaborou tamén deste xeito na obtención da medalla de prata por equipos da selección galega. Parabéns á nosa loitadora.

BAILE DEPORTIVO

Noelia Rey alumna do Instituto gañadora na categoría júnior II. Noraboa. Podes acceder a máis información pinchando na primeira imaxe.

venres, 3 de marzo de 2017

ZUMBA CON CARLA

Hoxe no Instituto tivemos unha actividade nova, un baile que mestura a salsa co aerobic e se chama Zumba, a profesora Carla estaba chea de enerxía que nos contaxiou durante toda a clase

xoves, 2 de marzo de 2017

CAMPIONATO GALEGO DE TAEKWONDO

A alumna de 1º de ESO do IES Valle Inclán Lucía Lorenzo Quinteiro ven de proclamarse o pasado 28 de febrero campiona Galega de taekwondo na categoría cadete medio. A competición celebrouse en Guitiriz e nela participaron arredor de 160 taekwondistas.
Lucía que pertence ao ximnasio Suh Sport representará a Galicia no vindeiro campionato de España que se celebrará os próximos días 4 e 5 de marzo en Alicante.
Noraboa e moita sorte no campionato de España.

mércores, 1 de marzo de 2017

CAMPIONATO GALEGO DE OPTIMIST

O noso alumno Bruno Ameneiro regatista do Real Club Náutico de Sanxenxo y del Real Club Náutico de Vigo proclamouse campión de Galicia de Optimist tras a terceira y última xornada da IV Regata Aceites Abril, celebrada na ría viguesa coa organización do Náutico. Para máis información, pinchar na imaxe.

http://www.masmar.com/esl/Vela/Vela-ligera/Bruno-Ameneiro-RCN-Sanxenxo-y-%C3%81frica-Alonso-RCN-Vigo-,-campeones-gallegos-de-Optimist