mércores, 15 de marzo de 2017

O GOALBALL

¿Qué sabes do Goalball?

O Goalball é o único deporte paraolímpico creado específicamente para persoas cegas e con discapacidade visual, no que participan dous equipos de tres xogadores cada un. Básase principalmente no sentido auditivo para detectar a traxectoria da pelota en xogo (que leva cascabeis no seu interior) e precisa, ademáis dunha gran capacidade espacial para saber situarse en cada momento no lugar máis axeitado, co obxetivo de interceptar ou lanzar a pelota.
Durante o partido, de 20 minutos totais de duración, cada equipo sitúase nun lado da pista, xunto á portería de 9 metros de ancho. O obxetivo é, mediante o lanzamento coa man do balón, introducilo na portería do equipo rival. Calquera dos tres membros do equipo intentará que o balón non entre na portería. Todos os xogadores levan antifaces opacos para igualar a visibilidade de todos os participantes.
A pista utilizada para Goalball consistirá nun rectángulo de 18,00 metros de longo por 9,00 metros de ancho dividida en seis áreas. Todas as liñas do campo estarán marcadas en relieve para que sexan recoñecibles ao tacto, co fin de que os xogadores poidan orientarse con facilidade. No vídeo explícano todo.


Para coñecer as regras non deixes de ver a NORMATIVA.



O alumnado do Erasmus YES tiveron un obradoiro de Goalball o venres 17 no ximnasio do instituto, aquí tendes un vídeo resumo da actividade.




Ningún comentario:

Publicar un comentario