mércores, 26 de xuño de 2019

Choiva de medallas para as alumnas de sincronizada


O clube Galaico Sincro participou o pasado fin de semana en Ourense no  campeonato galego de nivel de natación artística, no que o equipo pontevedrés cosechou 17 medallas, catro delas de ouro, que o situaron como un dos mellores conxuntos do torneo.
A actividade na piscina Rosario Dueñas comenzou o vernes, xornada na que a alevín Daniela Suárez e a infantil Sara Fernández  fixéronse co ouro e co bronce respectivamente na modalidade de figuras.
O goteo de metales continuou na xornada seguinte. As júnior Lara González e Alexandra Piñeiro conseguiron o bronce nun solo técnico e solo libre, as alevíns Daniela Suárez e Blanca Castro lograron a prata en dúo, modalidade na que as infantis Andrea Pazos e Paula Riveiro obtuveron o segundo ouro para o seu equipo. O equipo formado por Sara Fernández, Lola Gómez, Lara González, Sara Marescot, Alexandra Piñeiro, Paola Piñeiro, Paula Riveiro, Candela Seoane e Alicia Laredo conseguiu a medalla de bronce na modalidade de ténica  libre. E o conxunto alevín, integrado por  Blanca Castro, Nayeli Faro, Paula Fernández, Uxía Pazos, Lorena Piñeiro, Antía Riveiro e Daniela Suárez, ganaron a medalla de prata.
O terceiro oro da comitiva lerezana chegou na sesión infantil por equipos gracias ao número que realizaron Sara Fernández, Almudena García, Lola Gómez, Sara Marescot, Andrea Pazos, Paola Piñeiro, Paula Riveiro, Sara Villanueva, Alicia Laredo e María Maquieira.

Ningún comentario:

Publicar un comentario