A carreira foi organizada polo club APA Liceo e a Universidade da Coruña e nela participaron 127 orientadores infantís e cadetes pertencentes a 20 Centros Escolares e Clubs de Orientación previamente clasificados nos respectivos campionatos provinciais, celebrados no marco do programa XOGADE da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia.
Mateo e Hugo participarán formando parte da selección Galega no Campionato de España de Orientación en idade escolar que se celebrará en Soria do 12 ao 14 de maio. Noraboa e moita sorte aos nosos corredores.
Ningún comentario:
Publicar un comentario