O pasado 27 de decembro Cesar Bona presentaba o seu novo libro "Las escuelas que cambian el mundo". A nosa compañeira Ana Santos, que non perde ocasión para formarse e aprender, estivo nno encontro e como non conseguiu unha dedicatoria para o alumnado Erasmus.
Deixamos unha sinopse do seu libro.
Hai escolas en España que están a cambiar a educación. Escolas que non están en Finlandia nin en Suecia; unhas son públicas, outras rurais e algunhas mesmo están masificadas. Todas elas son «Escolas Changemaker» e están preparadas para liderar unha verdadeira transformación educativa.
César Bona viaxou por sete cidades e pobos seguindo o camiño dalgunhas das escolas que están a loitar para que cada neno, nena e moza teña a oportunidade de converterse nun axente de cambio. Son lugares que contan con alumnos motivados, mestres correntes, e pais cómplices detrás. Escolas excelentes académicamente e cun proxecto integral onde o respecto, a creatividade, a imaxinación, o traballo en equipo, a empatía e a interacción coa sociedade son o mellor camiño para completar os ensinos das materias tradicionais.
César Bona nárranos, co seu persoal e próxima voz, o que lograron estas escolas, o novedoso dos seus métodos e como todos, sexa cal sexa a nosa idade, podemos cambiar o mundo. Non esquezamos que os nenos non son os adultos do mañá, son os nenos do presente e eles, se lles deixamos ser nenos, se lles reforzamos a súa creatividade natural, a súa imaxinación desbordante e traballamos a empatía, a solidariedade e o respecto, poden cambiar o mundo. Non no futuro, senón agora.
Porque unha nova educación non é un soño, é unha realidade
Ningún comentario:
Publicar un comentario